O Concello da Fonsagrada convoca a 10ª edición do concurso de tapas, co fin de incentivar o bo facer culinario dos cociñeiros locais, contribuíndo a promocionar e potenciar a actividade do sector de restauración do noso municipio.

O evento celebrarase dende o martes 27 de xuño ao sábado 1 de xullo de 20:00 a 23:00 horas.

Cada establecemento presentará unha tapa a concurso, á que se dará unha denominación, e cuxo prezo único de venda ao público será de 3 €.

Os clientes consumidores das tapas serán os encargados de elixir as tapas gañadoras cos seus votos. Na valoración das tapas, teranse en conta os seguintes aspectos: Mellor Sabor e Mellor Presentación. Para iso deberán dispoñer dunha cartilla que poderán recoller nos establecementos participantes. O cliente deberá obter o selo do establecemento na súa cartilla no momento de consumición da tapa. Unha vez completado e cumprimentado cos datos persoais do consumidor, depositarase en calquera das urnas situadas en cada un dos establecementos contabilizándose no reconto de votos só aquelas cartillas que estean validamente cumprimentadas.