- Sábado 3 de setembro de 2022
- Recinto: Mercado Gandeiro Comarcal da Fonsagrada. No pavillón cuberto so poderán entrar as reses que teñan o regulamento sanitario da feira publicado na web do Concello da Fonsagrada. Habilitarase unha zona na explanada do recinto feiral para o gando que non cumpra o regulamento sanitario da feira. nota: a partir das 15:00h do venres día 2 estará aberto o recinto para a entrada de gando.
- Poderán concorrer tódolos produtores gandeiros de Galicia e Asturias.
- Razas de gando: Rubia galega e Asturiana de los valles.
- Categorias : xatos carniceiros ata 10 meses, novillas e novillos 10-24 meses, touros e vacas rubia galega e asturiana.(máx. 5 reses por categoria)
- Subvencionarase o transporte do gando de exposición quedando excluídos os xatos.
- Inscrición: Por orde de entrada no rexistro ata un tope de 100 reses. Prazo máximo ata o día 2 de setembro, nas oficinas do concello da fonsagrada de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e no teléfono 982 34 00 00. Aplicarase rigurosamente o día tope de inscrición, non admitíndose reses a concurso despois do derradeiro día. Na oficina do mercado o mesmo día do certame, e antes das 11:00h, recollerase o número da inscripción para a entrada das reses no pavillón destinado o concurso.
- Haberá degustación gratuita de tenreira galega suprema
- Grandes premios en metálico e trofeos das entidades oficiais e casas comerciais, que axudan o concurso - exposición.
- Premios especiais:1º premio e 2º premio o mellor lote de a fonsagrada (mínimo 5 reses, con ou sen touro) de gando de razas galega e asturiana do concello de a fonsagrada.
- O xurado cualificador integrarase por dous veterinarios titulares designados pola delegación provincial da consellería de medio rural e representantes dos produtores gandeiros.
- As reses que formen parte dos lotes gañadores dos premios, quedarán excluídas de participación nas categorías individuais.
- Ás 11:00h pecharase a entrada de gando ao recinto, procedendose a cualificación e levantandose a correspondente acta, e de seguido a entrega de premios.
- Ás 12:00h terá lugar a celebración da subasta de ACRUGA.
- Subasta aberta a todo tipo de razas a partir das 16:00h da tarde.
- Organiza: Concello de A Fonsagrada
- Colabora: Deputación de Lugo, ACRUGA, ASGAFON (Asociación de Gandeiros da Fonsagrada) e FONSEGA (Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira)