Hoxe xoves, 22 de decembro, abre o prazo de preinscrición na actividade de Bailes de Salón e latinos para adultos do Concello de A Fonsagrada. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 2 de xaneiro. A xestión realizarase por correo electrónico ao enderezo ActividadesFonsagrada@gmail.com. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. A listaxe de admitidos/as publicarase o 4 de xaneiro na páxina web do Concello de A Fonsagrada.

BAILES DE SALÓN E LATINOS: No Antigo IES os martes de 21:30 a 23:00 horas. Os docentes son Teresa e José Manuel.

A tarifa para o trimestre é de 60 euros por persoa.

Preinscrición
O prazo de preinscrición é do 22 de decembro ao 2 de xaneiro de 2023. Realizarase unicamente a través do enderezo electrónico ActividadesFonsagrada@gmail.com.

Se existisen máis solicitudes que prazas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello.

Para máis información sobre estas actividades, pódese chamar aos números de teléfono 982 34 02 45 e 982 34 00 00. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo: cultura@afonsagrada.org

Método de pagamento

Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 4 de xaneiro, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 18 de xaneiro 2023 . No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: BAILES María López

 

Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

 

Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o trimestre.

Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.

 

Folleto de preinscrición de Bailes de Salón e Latinos