ACTIVIDADES ABRIL, MAIO E XUÑO 2023
Hoxe mércores, 15 de marzo, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Actividades para adultos do Concello de A Fonsagrada. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 29 de marzo. A xestión realizarase por correo electrónico ao enderezo ActividadesFonsagrada@gmail.com. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. A listaxe de admitidos/as publicarase o 31 de marzo na páxina web do Concello de A Fonsagrada.
Esta temporada as actividades nas que poderán inscribirse son: ioga, pilates, bailes de salón e latinos e reforma de mobles.
- PILATES: No Antigo IES dous días á semana (luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
- IOGA: No Antigo IES dous días á semana (luns e mércores de 20:15 a 21:15 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
- BAILE:No Antigo IES un día á semana (martes de 21:00 a 22:30 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
- REFORMA DE MOBLES: Na Aula Verde (sábados de 10:00 a 13:00 horas). As clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 10 personas. O custe trimestral do material é de 85€. O pago do material abonarase directamente ao docente.
As tarifas para o trimestre de cada actividade son de 60 euros.
Preinscrición
O prazo de preinscrición é do 15 ao 29 de marzo de 2023. Realizarase unicamente a través do enderezo electrónico ActividadesFonsagrada@gmail.com. No caso dun/dunha menor que teña máis de 14 anos, terá que ter autorización asinada polos pais.
Se existisen máis solicitudes que prazas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello.
Para máis información sobre estas actividades, pódese chamar aos números de teléfono 982 34 02 45 e 982 34 00 00. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo: cultura@afonsagrada.org
Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 31 de marzo, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 15 de abril de 2023 . No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López
Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o trimestre.
Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.