O campamento  de verán é unha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar aos nenos/as das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto, un xeito de vida saudable e o achegamento ao medio natural, ao deporte e a cultura.

A situación de crise sanitaria xerada pola COVID-19, fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, polo que se deberán ter en conta medidas de prevención tales como a reducción de ratios, aumentar as labores de limpeza e desinfección, determinar os equipos de protección para monitores/as e usuarios/as e redefinir as actividades que se poderán levar a cabo sen risco de contaxios.

O servizo de campamento de verán 2021 desenvolverase tendo en conta e respectando as recomendacións da normativa de seguridade e saúde en vigor.

Bases: /ckeditor_assets/attachments/693/bases_campamento_de_veran_2021.pdf

DESTINATARIOS

Este servizo está dirixido aos nenos nacidos dende o 01 de xaneiro de 2009 ata o 14 de xullo de 2018 ambos incluídos.

Condicións para solicitar o servizo:

• Usuarios/as empadroados/as no Concello de A Fonsagrada.

De existir máis prazas que solicitudes poderán acceder ao servizo:

• Usuarios/as non empadroados/as, que están matriculados/as nun centro Educativo de A Fonsagrada ou os seus pais traballen no termo municipal. (Achegar documentación acreditativa da empresa ou centro educativo no momento da inscrición).

• Usuarios/as non empadroados/as.

 

IMPORTANTE

A documentación do Programa do Campamento de Verán 2021 poderá obterse na páxina web www.afonsagrada.org  e de xeito excepcional poderá recollerse nas Oficinas Municipais.

INSCRICIÓN

Ábrese un prazo de inscrición do 15 ao 30 de xuño.

De selo caso, coa finalidade de establecer a orde de prioridade  deberase axuntar un informe do centro de estudos ou certificado da empresa para os/as nenos/as que non estando empadroados/as, están matriculados/as nun centro educativo de A Fonsagrada ou os seus pais traballan no termo municipal.

Non se admitirán solicitudes fóra dos prazos establecidos.

 

Documentación a presentar:

    • Impreso de matrícula debidamente cumprimentado. Impreso: /ckeditor_assets/attachments/694/impreso_matricula_campamento_2021.pdf

    • Copia da tarxeta sanitaria.

    • Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).

    • Fotografía ou copia a cor dunha fotografía recente.

 

Presentarase no rexistro do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas

 PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS E DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS

A efectos de información e posibles reclamacións publicarase a lista provisional de admitidos/as na páxina web municipal e nos taboleiros oficiais do concello, sobre a que se poderán facer as alegacións oportunas. A publicación da lista definitiva será o  2 de xullo.

 ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

• Directa por estrita orde de recepción das solicitudes

• Abrirase unha lista de agarda no caso de que a demanda supere o número de prazas.

 

 LISTA DE AGARDA E CHAMAMENTO

As vacantes que se produzan serán ofertadas aos solicitantes seguindo a orde da lista. Realizaranse tres chamadas entre as 9h e 14h aos números que se facilitaron na inscrición. De non ter resposta do/a interesado/a nun prazo de 24 horas, este será dado de baixa e procederase a chamar ao seguinte da lista. Recibida a comunicación e aceptada a praza, procederase á efectuar a matrícula e o pagamento.

PREZOS E PAGAMENTO

O pagamento será liquidado  na entidade bancaria  ABANCA. Avisarase vía correo electrónico ou teléfonicamente no momento en que teñan que efectuar o pagamento. O pagamento non se fará no momento de matrícula.

De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada.

Opción A: Do 19 ao 30 de xullo de 2021 Cota: 50€

Opción B: Do 2 ao 13 de agosto de 2021 Cota: 50€

Opción C: Do 19  de xullo ao 13 de agosto de 2021 Cota: 100€

BENEFICIOS FISCAIS

Establécense a seguinte bonificación:

• Bonificación do 50% da taxa: para familias numerosas, segundo a súa definición contemplada na Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

 RENUNCIA A PRAZA E DEVOLUCIÓN DA TAXA

No caso de que, por algún motivo xustificado, tivese que renunciar á praza, presentará instancia a tal efecto a través da sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal.

As cantidades aboadas soamente serán devoltas cando non se poda utilizar o servizo por causa  de forza maior non imputable ao interesado/a. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.

A omisión, falsidade dos datos o dos documentos achegados serán causa de denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.

Información xeral

 

Campamento de Verán 2021 Concello de A Fonsagrada

➔Casa da Cultura Tel. 982 34 02 45

➔Oficina de Turismo Tel. 982 34 05 04