A cita con “Ramona Órbita, a dona do tempo” arrancará ás 18:00 horas o martes 13 de xullo no Xardin da Casa da Cultura de A Fonsagrada dentro do programa de dinamización da lectura  "Ler Conta Moito". A entrada é de balde e libre até completar o aforo, máis reducido do habitual debido á norma anticovid.
No concerto, artista e pequenos cantarán a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.