• Teatro de marionetas de fío e varillas.
  • No Salón de Actos Municipal de Os Chaos (A Fonsagrada), o xoves 11 de agosto ás 18:00 horas
  • Público: infantil e familiar
  • Sinopse: Seica Gaela anda aburrida e persegue ao druída nun día moi importante para el, xa que en dúas lúas se celebra o consello anual de druídas e non atopa o condimento necesario para a súa nova poción. Finalmente a nena consegue contarlle o que lle preocupa, ela quere ser druída! Pero o mestre négase en rotundo porque “as nenas non poden ser druídas! Iso é cousa de homes!”. Esta resposta, lonxe de calmar as ansias da nena, convencea de que ese é o seu fado. Gaela terá que demostrar ao druida que ela pode ser o que desexe se pon todo o seu empeño. Así, terá que pasar divertidas e emocionantes probas para acadar a súa capa branca. A través desta historia o público mergullarase na cultura castrexa, nos seus contos e na súas lendas. Trátase dunha obra que fomenta valores como a igualdade de xénero, o coidado medioambiental, a autoestima e a importancia de perseverar para superar os retos que se plantexan. Esta actuación pertence ao Ciclo Cultural de Títeres do Círcuito de Teatro Profesional da Deputación de Lugo.
  • Dirección: Ero Vázquez Cabrera.
  • Titiriteir@s: Ero Vázquez Cabrera e Isa García Coldeira de Trécola Produccións
  • Duración: 50 minutos
  • Máis información  en https://marionetastrecola.es/gaela/