Este verán o Concello da Fonsagrada segue apostando polo deporte por iso todos os veciños e veciñas empadroados neste concello poderán gozar da piscina de maneira TOTALMENTE GRATUÍTA.

Aquelas persoas interesadas deben acudir ás oficinas do Concello para obter o carné ou tarxeta de piscina. O procedemento é sinxelo:

  • Cubrir a folla de inscrición que se facilita nas oficinas municipais. Tamén se pode obter picando aqui, descargarla e cubrila no ordenador se se desexa.
  • Solicitar, no concello, o volante de empadroamento indicando que é para o carné de piscina. Devandito trámite é totalmente gratuíto e ten como obxecto a comprobación de que o /a solicitante está empadroado na Fonsagrada.
  • Achegar unha foto tamaño carné.
  • Poderase recoller devandito carné nas oficinas municipais pasados uns días.

Será necesario un carné por persoa. O proceso da súa obtención é totalmente gratuíto.