A Axencia de Coñecemento en Saúde e a Escola Galega de Saúde para cidadáns en colaboración co Concello de A Fonsagrada organizan o curso de "Alimentación Saudable e Uso da Medicación"
Lugar de celebración: Salón de Actos Municipal Rúa dos Chaos s/n - A Fonsagrada
Data: 22 de xuño do 2021
Horario: 16:30 a 20:30 horas
OBXETIVOS:
-Coñecer os distintos modelos e características dun patrón alimentario saudable.
-Desenvolver destrezas e habilidades para poder realizar eleccións saudables relativas á adquisición e preparación de alimentos.
PROGRAMA:
Diferenza entre alimentación/nutrición. Importancia da hidratación nas persoas maiores.
Cambios orgánicos no proceso de envellecemento:
- Cambios de composición corporal e metabolismo.
- Boca, mastigación.
- Cambios por diminución nos órganos sensoriais
- Cambios en órganos /aparatos: cardiovascular, dixestivo, neurolóxico, respiratorio, imnunolóxico...
Características da dieta equilibrada (saudable) Pirámide da alimentación.
Valoración do estado nutricional
Factores que afectan o estado nutricional da persoa maior
- que inciden na disminución da inxesta.
- que inflúen na menor utilización dos nutrientes.
- que coindicionan a necesidade de nutrientes
Prevención da malnutrición e enfermidades crónicas
Uso seguro da medicación.
Docente:
Olga Roca Bergantiños - Enfermeira supervisora da área sanitaria de Lugo