Dª Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo,
D. Carlos López López, alcalde do concello de A Fonsagrada,
D. Xosé Molina Vázquez, presidente do Padroado do Museo Etnográfico de A Fonsagrada,
Dª Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e comisaria da mostra,
inaugurarán a exposición: PROXIMIDADE LLUNYANA
Acto que terá lugar o día 7 de setembro de 2022, ás 19:00 horas na Praza do Concello.
Previamente á inauguración, dende as 17:00 ás 19:00 horas, haberá dous obradoiros (Pegadas na tea e Teatro na maleta), e, posteriormente, unha representación teatral e unha actuación musical a cargo de Laura Burguet Fernández.