Unha vez finalizado o prazo de preinscrición para as actividades o venres 7 de outubro de 2022, procédese á publicación da listaxe de admitido/as na actividade de Reforma de Mobles. Dita actividade realízase na aula Verde os sábados de 10:00 a 13:00 horas . As persoas admitidas deberán portar roupa cómoda para traballar e os seus propios mobles para restaurar. As clases comenzan o sábado día 15 de outubro ás 10:00 horas. Na actividade de reforma de mobles quedan dúas prazas vacantes este trimestre. Podendo anotarse fóra deste prazo establecido.
Método de pago: Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal, as persoas que obtiveron praza deben facer o pago na entidade bancaria Abanca con data límite o 21 de outubro de 2022. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: REFORMA María López. O importe do trimestre é de 60€ a ingresar en Abanca. O custo dos materiais da actividade son 85€ por trimestre pago directo ao docente.
Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pago, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pago no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
Inscrición ao longo do curso: Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado rexistrado nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para finalizar o trimestre.
Baixas: No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito. A cota poderá devolverse nos supostos de baixa por forza maior.