Unha vez finalizado o prazo de preinscrición para as actividades o venres 7 de outubro de 2022, procédese á publicación das listaxe de admitido/as e de agarda na actividade de Pilates. Dita actividade realízase no Antigüo IES na aula 3 do primeiro piso dous días á semana (luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas) . As persoas admitidas deberán portar roupa cómoda e unha esteira. As clases para as persoas admitidas comenzan o luns 10 ás 19:00 horas.
Método de pago: Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal, as persoas que obtiveron praza deben facer o pago na entidade bancaria Abanca con data límite o 21 de outubro de 2022. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: PILATES María López. O importe do trimestre é de 60€.
Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pago, dado que leste chega de maneira automática. Se non se realiza o pago no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.
Inscrición ao longo do curso: Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde da lista de agarda, tendo preferencia os censados no concello da Fonsagrada. O importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual, polo número de meses que restan para finalizar o trimestre.
Baixas: No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito. A cota poderá devolverse nos supostos de baixa por forza maior.