TALLER DE MUSICOTERAPIA
Lugar de celebración: Salón de Actos Municipal dos Chaos Rúa os Chaos s/n A Fonsagrada (Lugo)
Inscricións: Servizos Sociais Comunitarios ou en https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais
Data: 13 de Maio do 2024
Horario: de 16.30 a 20.30 horas
OBXECTIVO XERAL: Previr e axudar a incrementar / restablecer a saúde física e mental a través da música.
Promover o mantemento cognitivo, social, motriz e emocional.
Conseguir benestar, tranquilidade e sentimentos positivos de autorealización, así mesmo beneficiarse a nivel cognitivo e motor.
Obxectivos específicos:
AREA COGNITIVA: Estimular a memoria recente, medio e longo prazo. Fomentar atención e concentración.
AREA EMOCIONAL: Mellorar o nivel de autoestima. Crear un espazo terapéutico para poder expresar emocións.
AREA FÍSICA: Mobilización corporal traballando equilibrio, motilidade funcional.
AREA SOCIAL: Mellorar as relacións sociais, desenvolvendo un sentimento de cohesión grupal. Combater o illamento propio dista etapa evolutiva.
Programa:
Definir/reflexionar sobre o son, o ruído, o silencio e a música.
Identificar estilos de música adecuados o grupo.
Dar a coñecer tipos de música que promoven diferentes estados de ánimo .
Traballar co corpo e a voz percibindo sensacións musicais.
Cantar cancións que traballen os recordos, especialmente folclore galego.
Tocar instrumentos musicais fomentando a creatividade, imaxinación e realización persoal.
Baile que facilite momentos lúdicos e de distensión con sinxelos movementos corporais.
Profesorado: Damián Cairo Touriño. Profesor de Musica . Conservatorio profesional de A Coruña
Dirixido a: Cidadáns en xeral
Programador: Begoña Garcia Cepeda
Nota:
Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.