O venres, 23 de agosto de 16:00 a 20:00 horas no Salón de Actos Municipal dos Chaos (A Fonsagrada).

Este obradoiro é gratuíto.

Imparte: Manuel Andrade

Para facer as trampas é necesario levar botellas baleiras de auga ou refresco de 1.5 - 2 litros

Contido do taller:

  1. Bioloxía da avespa velutina
  2. Taxonomía de avespas e outros insectos da Fonsagrada
  3. Introdución á bioloxía da flora da Fonsagrada
  4. Ciclo Biolóxico da avespa velutina
  5. Modelos de trampas para captura de velutina
  6. Elaboración de trampas
  7. Determinación de puntos ideais para colocación de trampas
  8. APP e programas para xeo localización de trampas
  9. Destrución de restos biolóxicos de trampas
  10. Primeiros auxilios en caso de picadura