O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia está a desenvolver a Estratexia da Paisaxe de Galicia. Nunha fase previa, contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia, a cal deu como resultado un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa da planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, o cal está en exposición pública para presentación de alegacións. (Documento dispoñible na ligazón:
Baseándose no Catálogo de Paisaxes de Galicia, corresponde elaborar nesta segunda fase as determinacións e obxectivos de calidade paisaxística, criterios e accións, que conformarán as Directrices da Paisaxe. Entendendo que este proceso debe recoller as inquedanzas e aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, programase a realización de 50 obradoiros participativos, un por cada comarca paisaxística galega.
Para a participación nos diferentes obradoiros estase a realizar un convite a diferentes axentes sociais, a calquera persoa interesada en asistir e que desexe tomar parte na elaboración da Estratexia da Paisaxe de Galicia, non sendo preciso axeitarse a ningún perfil profesional concreto. En calquera caso, por cuestións loxísticas e de organización agradecemos que aquelas persoas interesadas en participar comuniquen o seu interese escribindo un correo electrónico a: atlaspaisaxe.iet@gmail.com
O obradoiro será na Aula CeMIT da Fonsagrada (Casa da Cultura) o xoves 10 de marzo de 18:30 a 21:30 h.