A Deputación de Lugo e  a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo AELU, en colaboración co Concello de A Fonsagrada, poñen en marcha o programa "Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de Si" unha iniciativa que dará apoio, formación e asesoramento de maneira gratuíta a mulleres empresarias e emprendedoras do rural para que melloren o seu negocio ou poidan poñer en marcha con garantías a súa idea emprendedora.

Co obxectivo de chegar ao maior número de mulleres posible e facilitar a súa participación, todas as accións do proxecto faranse de maneira deslocalizada, nas comarcas da Mariña, Lugo, A Ulloa, Terra Chá, Sarria, A Montaña e a Ribeira Sacra. En cada unha destas comarcas realizarase unha presentación e un almorzo de traballo no que participarán 25 mulleres de cada unha das zonas obxecto da inicaitiva, coa finalidade de crear sinerxias e fomentar o intercambio de experiencias entre elas. A presentación na Fonsagrada será o luns 11 de xullo, ás 11:30 na Casa do Concello.

Nunha segunda fase do proxecto participarán unha selección de 5 empresarias e emprendedoras por comarca que sairán das reunións de traballo, as cales recibirán unha formación e un asesoramento personalizados, que irán  dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan os negocios en marcha, e para constituír e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.