• Beneficiarios desta subvención: as persoas físicas que residan nunha vivenda unifamiliar establecida en zona que non dispoña de cobertura dalgunha canle do servizo de televisión dixital terrestre.
  • As axudas están destinadas a adquisición de equipamento para o acceso ao servizo de Sat-TDT, o receptor de TDT por satélite en alta definición.
  • Pódese solicitar axuda para a primeira vivenda, onde se ten censada a residencia habitual, admitindo unha única solicitude por vivenda, cunha contía máxima de 400€ IVE incluído. Tamén se poderá solicitar a axuda para as segundas vivendas, sendo neste caso a contía máxima da axuda de 200€, IVE incluído. Unicamente poderá solicitar unha subvención, para a primeira vivenda ou para a segunda vivenda.
  •  A tramitación das solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, seleccionando o procedemento PR853B
  • A través da páxina web da Secretaría Xeral de Medios, https://medios.xunta.gal, no apartado de axudas, poderá atopar a información relativa a este procedemento.
  •  No enderezo http://www.sattdt.es/ConsultaInstaladores.aspx pode atopar o listado actualizado de todas as empresas rexistradas que comercializan ditos equipos.
  • O prazo para a solicitude destas axudas remata o 31 de maio de 2024.
  • Prema neste enlace para máis información.