A Sociedade Xeolóxica de España (SGE), xunto coa Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra (AEPECT) e a colaboración do Concello da Fonsagrada, organizan o próximo 7 de maio o "Xeolodía 16: A Fonsagrada, unha viaxe ás praias e arrecifes do Paleozoico".
Esta é unha actividade gratuíta que consiste nun roteiro guiado.
Hai límite de prazas. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 4 de maio no correo canosa@usal.es
Nos próximos días poderase descargar unha pequena guía xeolóxica do percorrido aqui.