Comezo ás 08:00 horas.

Probas morfolóxicas na Praza do Concello.

Participarán: ASNAL - MULAR - PONEIS- CABALOS DO PAÍS- EGUAS DO PAÍS - CABALOS CRUZADOS - EGUAS CRUZADAS e ASTURCÓN.

O gando recibirase no recinto do mercado Gandeiro, os propietarios recollerán o número e inscribiranse na oficina disposta para este concurso.

Os animais deberán vir perfectamente identificados.

O recinto pecharase ás 10:30 horas, non podendo participar os que cheguen despois desa hora.

O xurado estará composto por membros da Federación Hípica Galega.

Trofeos e grandes premios en metálico.

Premio especial ao mellor exemplar da zona.