• Hoxe 7º 10
  • Miércoles 11º 4
  • Jueves 11º 7

Casoa de Braña


O lugar ideal

Atopamos a Casoa de Braña en Braña, unha pequena aldea do municipio da Fonsagrada (Lugo), moi preto de Asturias, concretamente da comarca de Oscos-Eo. Trátase dunha casa construída con materiais autóctonos como lousa, madeira e pedra, situada no medio da natureza e á cal se accede por un camiño empedrado rodeado dun extenso xardín, perfecto se quere viaxar con mascotas.

 

Comodidades

Alberga catro apartamentos independentes, un deles adaptado para persoas con mobilidade reducida. En canto á decoración, esta está moi coidada, cun estilo rústico de montaña, pero sen deixar de lado a tecnoloxía, xa que a casa conta con televisión, fío musical e rede Wifi, ofrecendo deste xeito un alto nivel de comodidade aos seus hóspedes. Todos os apartamentos contan con cheminea e leña, auga quente, cociña equipada con microondas e neveira, roupa de cama e toallas. Dispón tamén de lavandería con lavadora, secadora e tendal de uso común; ademais existe a posibilidade de poñer camas supletorias e mesmo berce.

 

Os nosos apartamentos contan con:

  • Calefacción
  • TV
  • Wifi
  • Lavandería con lavadora
  • Secadora e tendal
  • Leña para a cheminea
  • Grella
  • Zona de aparcamento
  • Xardín con mesas estilo merendero
  • Terraza común
     

Localización

Cargando...