• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Praia Fluvial de Pena do Inferno

Pena do Inferno, é unha praia fluvial localizada na Fonsagrada, situada nun val a 290 metros sobre o nivel do mar, e ten unha área recreativa con chiringuito.

Habilitouse fai tres décadas nun meandro do rio Lamas-Vilabol, afluente do Navia.Ten unha paisaxe impresionante, cunha roca encima do rio que deixa ver os restos dunha morrena glacial.

Para chegar vaise dende A Fonsagrada pola estrada LU-721.

Nesta praia atopamos unha gran variedade de animais como o porco teixo, furón bravo, visón, garzas, garduña, raposo, ourizo, morcegos, etc. Tamén podemos atopar unha gran variedade de especies vexetais como castiñeiros, carballos, bidueiros, ameneiros, nogais, madroños ou fentos.

Localización

Cargando...