• Hoxe 10º 7
  • Jueves 10º 10
  • Viernes 10º 6

Ruta Seimeira de Vilagocende

COÑECE UNHA DAS FERVENZAS MÁIS GRANDES DE GALICIA…
Para chegar ata a ruta collemos na Fonsagrada a estrada LU-721, dirección á aldea de Vilagocende. A 300 metros deste pobo aparcamos o coche e observamos un indicador da mesma a man dereita. Deixamos a estrada asfaltada ás nosas costas para adentrarnos de cheo no propio sendeiro que transcorre entre tramos de bosque de carballos e de piñeiros do país.
DESFRUTA DA NATUREZA EN ESTADO PURO…
Avanzando entre diversas pasarelas de madeira atopámonos coa bravura e a intensidade coa que as augas do río Porteliña baten dende unha caída libre de máis de 50 metros.
A través da ponte podemos acceder á base da mesma e contemplar a súa fermosura protexida por un bosque de ribeira constituído por bidueiros, ameneiros e carballos.
Tamén existe a alternativa de visitar un miradoiro situado enriba da seimeira que nos ofrece outra perspectiva da mesma non menos espectacular. Podemos volver ou seguir atravesando dúas pontes. O roteiro descende ata "A seimeiriña" de Souto. Atravésase o río Lamas e subimos a Eirixin. Está é unha aldea rehabilitada e pintoresca con hórreos e a capela de San Antonio. Baixamos á Retorta onde se xuntan os ríos Suarna e Lamas. Subimos a Vilagocende pasando pola Casa da Costa.

Localización

Cargando...