O Camiño Primitivo entra en Galicia polo alto do Acebo, a 1.100 metros sobre o nivel do mar, e atravesa as Terras de Burón, un país de montañas, de fragas antigas, aldeas de lousa e horreos de palla que parecen pallozas. É un traxecto duro. Ao chegar ao alto de Montouto, os peregrinos fan Un alto no camiño. O hospital de peregrinos foi fundado fai seis séculos para facilitar a ruta montañosa. Hoxe esta en ruínas. Situada ao norte dos Ancares e ao sur da Mariña lucense, A Fonsagrada é unha rexión esquecida e descoñecida ata polos propios galegos.
Cargando...